586 CANTOS
FRAN RODRÍGUEZ CASAL · 2024
MICE - MUSEO DO POBO GALEGO
lingua orixinal GALEGO
duración 50 MIN
formato MÚSICA EN DIRECTO CON PROXECCIÓN AUDIOVISUAL
producido por MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO DO MUSEO DO POBO GALEGOPeza realizada para a sesión inagural da XIX edición da Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE).
Falecida en setembro de 2023, as súas investigacións sobre os repertorios folclóricos europeos trouxérona ata Galicia. A finais dos 70 e durante os 80 recorreu o noso país para recoller cancións, músicas e bailes, sempre con criterios científicos e introducindo a perspectiva das persoas informantes. Gran parte desa música popular foi creada e interpretada por mulleres que quedaron no anonimato do “colectivo” ata que chegou Dorothé e puxo os seus nomes a cada unha das composicións. O resultado dese traballo foi o monumental Cancioneiro Popular Galego, que se converteu nunha obra fundamental para o coñecemento do noso patrimonio, con máis de 5.000 pezas rexistradas por gran parte da nosa xeografía. A obra, realizada en colaboración con Antón Santamarina, foi editada a partir de 1984 en sete volumes pola Fundación Barrié. Na actualidade, esas gravacións e os materiais que as acompañaban consérvanse no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego.
Músicos
ANTÍA AMEIXEIRAS, FRAN BARCIA, TANIA CAAMAÑO, RICHI CASÁS
DirecciónFRAN RODRÍGUEZ CASAL
GuiónLAURA PIÑEIRO, FRAN RODRÍGUEZ CASAL
MontaxeLAURA PIÑEIRO
Documentación e asesoría de contidos
ISABEL VIGO
ProduciónMUSEO DO POBO GALEGO
Idea orixinalMICE