top of page

CENTROS EDUCATIVOS

PROXECTO DE CONTINUIDADE DENDE 2021

MEMORIA E CINEMA

Realizamos proxeccións e coloquios co equipo de Dores, documental sobre os campos de concentración do Franquismo. Unha actividade dirixida a alumnado de diversos cursos dende a ESO ata o bacharelato.

A sesión ten por obxectivo achegar ao alumnado o noso proceso á hora de achegarnos á memoria histórica e por que é unha materia de interese xeral.

Ademais contamos cunha unidade didáctica coa que o profesorado pode, se así o desexa, continuar traballando sobre a memoria histórica nas aulas ou traballar de forma independente sobre o tema sen que asistamos á aula.

Para concertar unha sesión nun centro educativo ou asociación podes achegarte ao noso formulario de contacto.

bottom of page